29 de maio, tivemos o privilexio de participar no I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas «Bibliotecas de Fronteira na Fronteira do Futuro». Unha maravillosa xornada na que puidemos ver o traballo realizado polas bibliotecas públicas nas dúas beiras do Miño e que xirou en torno a catro eixos: a labor da biblioteca pública, as bibliotecas na era dixital, as bibliotecas en rede e na rede, e o papel social das bibliotecas. Este último apartado, moderado por Luis Alvim, foi no que participou a biblioteca Neira Vilas co programa «Achegando Culturas», xunto con Gorete Afonso da Biblioteca Municipal de Montalegre que presentou o seu proxecto “As bibliotecas instituições promotoras de empreendedorismo social: itinerâncias sociais e culturais com seniores barrosões”.
Anxo Alberte e Mar García presentaron este proxecto que realizamos en colaboración co Secretariado Xitano e polo que fomos finalistas no I Premio Biblioteca Pública y Compromiso Social convocado pola Fundación Biblioteca Social. Este programa ten como obxectivo a promoción lectora como fonte de información, de aprendizaxe e enriquecemento, e dá a coñecer outras culturas e realidades diferentes entre o colectivo xitano.
Neste enlace podedes botarlle unha ollada a todas as imaxes do Seminario Norte Portugal – Galiza

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s