VIAXES AO REDOR DO MUNDO
18 e 21 de febreiro Viaxamos por diferentes países grazas aos libros. Coñecemos o fondo mariño, viaxamos á lúa e percorremos o mundo enteiro grazas ás obras de Jules Verne. Para finalizar realizamos varios murais cos escenarios das obras do autor francés.
AS VIAXES IMAXINARIAS
29 de abril Nesta visita viaxamos polos mundos fantásticos que aparecen nos libros. Desde Nunca Xamais a Narnia, pasando polo País das Marabillas ou a Comarca dos Hobbit.
A VOLTA AO MUNDO EN 80 PROBAS
10 de xuño Como festa fin de curso convidamos ás familias e ao persoal da Fundación Secretariado Xitano para participar nun xogo. Nesta ocasión realizamos unha viaxe ao mundo en 80 días, ao igual que o de Phileas Fogg. Un xogo de preguntas e probas como debuxar, cantar ou de memoria onde repasamos as lecturas e todo o aprendido durante o curso.
MAPA LITERARIO DE VIGO
2 de xullo (Juan Soñador) A Fundación Juan Soñador solicitounos unha actividade para os seus usuarios recentemente chegados á cidade, para que puidesen coñecer algo mellor Vigo. Desde a biblioteca propuxemos un xogo de mesa partindo do noso “Mapa Literario de Vigo” para achegarse á cidade a través dos libros, con preguntas e tamén con probas de mímica, de debuxo…
AS OLIMPÍADAS NA GRECIA CLÁSICA
25 e 26 de novembro Con motivo da celebración das Olimpíadas no 2020, no curso 20/21 tivemos este tema como fío condutor nas visitas. Neste primeiro encontro tratamos a orixe das Olimpíadas e dalgún dos seus símbolos, como a coroa de loureiro ou o lume. Así mesmo, falamos dos deuses e a mitoloxía clásica, a súa relación coas constelacións, e de como os heroes clásicos son reinterpretados nos nosos días dando vida a algúns dos superheroes dos cómics.