Accións 2022

Poxa de libros

14 de marzo Comezamos a xornada xogando un bingo no que o público xuvenil que nos visitaba ía conseguindo puntos para logo cambialos por “diñeiro”. Despois de rematar o xogo cada un tiña que facer contas dos puntos obtidos e co resultado facíaselles un cheque do mesmo valor. Con ese “diñeiro” podían poxar nunha poxa polos libros que quixesen.

Universo de contos

21 de novembro Promociona-T de Vigo, asistiu á biblioteca Xosé Neira Vilas, como parte do programa Achegando Culturas, onde descubriron unha chea de cousas novas sobre o Universo e diferentes libros moi interesantes para pescudar algunhas curiosidades sobre a Vía Láctea, as viaxes ao espazo ou sobre as constelacións.

Para finalizar a visita creamos o noso propio planisferio para poder coñecer cales son as constelacións que podemos observar cada noite dende onde nos atopamos.

Proyectos inspiradores en la provincia de Pontevedra

Retos de la cultura poscovid. Sostenibilidad, Ruralidades, Feminismo y Redes Colaborativas. Soutomaior, Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC) organizaron o encontro “Retos da cultura poscovid”, unha cita que puxo en contacto a diferentes profesionais do sector cultural, tanto de entidades públicas coma privadas, ademais do tecido asociativo e as/os emprendedores de toda Galicia, especialmente da nosa provincia.

O punto de inflexión que supón a pandemia abre novos desafíos que afrontar para buscar e articular alternativas para o sector cultural. Así, neste coloquio participaron distintos profesionais do ramo e mostráronse exemplos inspiradores levados a cabo en Pontevedra.

A biblioteca Neira Vilas formou parte desta xornada sobre “Proxectos inspiradores na provincia de Pontevedra” co seu proxecto de integración Achegando Culturas, xunto a outras iniciativas como a Colección de libros Defensoras de Dereitos, Somos Terra, e A Casa Colorida.

III Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia 2021

A biblioteca Neira Vilas  participou este ano na III Xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2021

Este ano a xornada celebrada na Cidade da Cultura tiña como lema A Biblioteca Social. A nosa biblioteca formou parte da “Mesa de experiencias. A biblioteca inclusiva e integradora”, onde a nosa compañeira Mar García presentou o proxecto Achegando Culturas.

Achegando Culturas é  o programa que iniciamos no 2012, xunto á Fundación Secretariado Xitano de Vigo para fomentar a lectura, a integración social e a diversidade, co que pretendemos alonxarnos de prexuízos e tópicos e coñecer máis sobre a cultura xitana.

Accións 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

4, 18 de outubro O grupo de mulleres do Programa Calí achegouse por primeira vez á biblioteca para familiarizarse co noso espazo e os nosos servizos. Nesta primeira vista con este grupo festexamos o Día das Escritoras: coñecimos o proxecto da Biblioteca Nacional e limos un texto de Marifé Santiago Bolaños, comisaria da VI Edición do Día das Escritoras. A continuación visionamos un vídeo de Irene Vallejo falando do papel da muller na historia da Literatura e finalizamos lendo e comentando unha breve historia de banda deseñada titulada “24 Horas” escrita por Lola García e debuxada por Agustina Guerrero, recollida no libro Voces que cuentan.

Accións 2020

XAPÓN

17 febreiro Continuando coas actividades relacionadas coas Olimpíadas, realizamos unha parada en Xapón para coñecer a cultura e curiosidades deste país e descubrir os segredos que agocha a cidade de Tokio, futura sede dos Xogos.

Tamén coñecimos as mascotas desta edición e das pasadas, facendo despois as nosas propias mascotas olímpicas.

Accións 2019

VIAXES AO REDOR DO MUNDO

18 e 21 de febreiro Viaxamos por diferentes países grazas aos libros. Coñecemos o fondo mariño, viaxamos á lúa e percorremos o mundo enteiro grazas ás obras de Jules Verne. Para finalizar realizamos varios murais cos escenarios das obras do autor francés.

AS VIAXES IMAXINARIAS

29 de abril Nesta visita viaxamos polos mundos fantásticos que aparecen nos libros. Desde Nunca Xamais a Narnia, pasando polo País das Marabillas ou a Comarca dos Hobbit.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 PROBAS

10 de xuño Como festa fin de curso convidamos ás familias e ao persoal da Fundación Secretariado Xitano para participar nun xogo. Nesta ocasión realizamos unha viaxe ao mundo en 80 días, ao igual que o de Phileas Fogg. Un xogo de preguntas e probas como debuxar, cantar ou de memoria onde repasamos as lecturas e todo o aprendido durante o curso.

MAPA LITERARIO DE VIGO

2 de xullo (Juan Soñador) A Fundación Juan Soñador solicitounos unha actividade para os seus usuarios recentemente chegados á cidade, para que puidesen coñecer algo mellor Vigo. Desde a biblioteca propuxemos un xogo de mesa partindo do noso “Mapa Literario de Vigo” para achegarse á cidade a través dos libros, con preguntas e tamén con probas de mímica, de debuxo…

AS OLIMPÍADAS NA GRECIA CLÁSICA

25 e 26 de novembro Con motivo da celebración das Olimpíadas no 2020, no curso 20/21 tivemos este tema como fío condutor nas visitas. Neste primeiro encontro tratamos a orixe das Olimpíadas e dalgún dos seus símbolos, como a coroa de loureiro ou o lume. Así mesmo, falamos dos deuses e a mitoloxía clásica, a súa relación coas constelacións, e de como os heroes clásicos son reinterpretados nos nosos días dando vida a algúns dos superheroes dos cómics.

Accións 2018

Contos de fadas

26 de febreiro Explicamos a estructura do xénero de conto de fadas, utilizando como exemplo carapuchiña vermella, para coñecer e descubrir os distintos elementos e estructura que posee un conto destas características. Despois de asimilar os novos conceptos, os participantes da actividade producen diferentes contos en grupo, utilizando unha caixa de contos en formato puzzle.

Meu conto de fadas

9 de abril cada participante ten que manter unha conversa postal entre obxectos típicos de un conto de fadas e alguna persoaxe. Saen conversas tan divertidas como: unha cenoura a un pai granxeiro, unha coroa de rei e unha meiga… Como actividade final cada rapaz escribe o seu propio conto amosando a súa creatividade e imaxinación.

XOGANDO COS CLÁSIcos

28 de maio Como actividade de fin de curso convidamos a todas as familias e persoal da fundación para xogar connosco a este “xogo de mesa» xigante no que os contos de fadas eran o leitmotiv.

Tratábase de ir superando diferentes probas de mímica, de debuxo ou preguntas sobre os personaxes dos contos.

AS VIAXES

12 e 22 de novembro e 31 de maio (Juan Soñador) Durante as visitas do curso 2018/2019 tomamos como punto de partida o tema das viaxes. Nesta primeira visita achegámonos libros de viaxes, atlas curiosos…

III ENCUENTRO CULTURA Y CIUDADANÍA

“Acceso, Acción” Democratizar la cultura

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas formou parte do III Encuentro Cultura y Ciudadanía, no que presentou o seu proxecto de integración «Achegando Culturas» e que tivo lugar os días 28 e 29 de setembro do 2017 en Matadero (Madrid).

O III Encuentro Cultura y Ciudadanía, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, abordou as dimensións que, hoxe en día, implica o goce e o exercicio da cultura, nos termos de acceso e produción. Cuestións como autonomía e democracia cultural, o papel da cultura no espazo público ou as relacións entre cultura e educación foron algúns dos eixos centrais deste encontro.

Temas nos que encaixa á perfección este proxecto da biblioteca en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano que traballa a integración á cultura, á formación e á información de moitas persoas que están en risco de exclusión social e laboral.

Achegando culturas, III Encuentro Cultura y Ciudadanía

Achegando Culturas proxecto seleccionado no III Encontro Cultura e Cidadanía organizado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

O III Encuentro Cultura y Ciudadanía, abordará as dimensións que, hoxe en día, implica o goce e o exercicio da cultura, nos termos de acceso e produción. Cuestións como autonomía e democracia cultural, o papel da cultura no espazo público, as relacións entre cultura e educación serán algúns dos eixos centrais deste encontro.

Termos nos que encaixa á perfección este proxecto da biblioteca en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano que traballa a integración á cultura, á formación e á información de moitas persoas que están en risco de exclusión social e laboral.

ACHEGANDO CULTURAS

Este proxecto foi posto en marcha pola BPM Xosé Neira Vilas e o dispositivo da FSG para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo dos xitanos da nosa comunidade. Ten como misión a promoción integral da comunidade xitana dende o apoio á súa identidade cultural. Promovendo o acceso das persoas xitanas aos dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

Este proxecto de integración está consolidado e continúan traballando cada ano para cooperar, colaborar e innovar. Forma parte xa da nosa comunidade traballando a multiculturalidade xa que entre o colectivo atópanse persoas de diferentes razas e nacionalidades, como romaneses, portugués, marroquís… incentivando a integración social e a cultural. Potenciando a relación familiar en todos os encontros que realizan, poñendo unha énfase especial no colectivo das mulleres, como elemento de unión entre as distintas xeracións da comunidade xitana, por iso apoian en todo momento a alfabetización adulta como elemento integrador da comunidade. Creando unha biblioteca aberta, onde os muros non sexan un escollo para a integración social, por iso tamén teñen en marcha diferentes proxectos en camiñados a outros colectivos.

Accións 2017

Emocións na Arte

6 marzo As emocións están en todo momento presentes na nosa vida e isto vese reflictido nas distintas disciplinas artísticas. Baseándonos nisto amosamos aos rapaces cales son as emocións básicas e como se amosan no noso corpo e en especial no noso rostro. Así mediante diferentes cadros, fotografías, esculturas e ilustracións vimos como esas emocións foron plasmadas na arte.

Descubrindo a Roald Dahle

10 de maio Unímonos ás homenaxes polo centenario do nacemento do escritor británico e quixemos coñecer máis polo miúdo a súa vida e obra. Partindo da obra “Boy” fixemos un paralelismo entre a súa obra e as súas novelas. Tamén descubrimos a relación entre Roald Dahl e o cine, visionando varios fragmentos das películas baseadas nos seus libros.

Cosendo as lecturas

14 de xuño Realizamos unha actividade conxunta entre os rapaces e as súas familias para que puideran ver todo o traballo realizado durante o curso. Axudados polos seus pais, irmáns maiores, polos colaboradores do Secretariado e o persoal da biblioteca, os rapaces fixeron un pequeño libro onde recollían ilustracións e as lecturas realizadas no curso, logo encadernaron e coseron este pequeno obxecto de recordo.