Coñecendo a Lorca

Quen era Lorca?

Federico García Lorca foi un poeta, dramaturgo e prosista. Pertenceu a chamada Xeración do 27

” ¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir: ‘amor, amor’, y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia, alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: ‘¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!’. Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida. ”
Fragmento do seu discurso “Medio pan e un libro”

A súa infancia

Nado no seno dunha familia acomodada da vega granadina. O seu pai Federico García Rodríguez (1859-1945), un hacendado e a súa nai Vicenta Lorca Romero (1870-1959), foi mestra e a causante de espertar no pequeno Federico o seu amor aos libros.
Con 11 anos muda da pequena vila onde naceu Fuente Vaqueros a cidade de Granada, cidade onde vivirá a súa xuventude ata os anos da Universidade.

Silvia Pérez Cruz. Pequeño Vals Vienes

Leonad Cohen. Take this Waltz

Anos na Universidade

No ano 1914 matriculouse na Universidade de Grananda para estudar as carreiras de Filosofñia e Letras e de Dereito. Durante esta época, Lorca reuníase con outros intelectuales na tertulia “El Riconcillo” do café Alameda.

A Residencia de Estudiantes

No 1919 Federico García Lorca trasladase á Residencia de Estudiantes, en Madrid. Durante os anos seguintes será o seu lugar habitual. Neste centro, que nace da base de Giner de los Riosue foi un dos principais núcleos da modernización científica e educativa do país.
Nesta primeira época coincidiron con Lorca na Residencia fixéronse amigoa tres importantes figuras da cultura do século XX: o cineasta Luis Buñuel e o pintor Salvador Dalí. A este grupo de amigos hai que añadir os nomes do inxeniero José Bello, do compositor Salvador Bacarisse, os escritores Rafael Alberti, Jorge Guillén, Juan Ramón Jiménez. Tamén o científico Severo Ochoa foi residente e outros moitos membros da intelectualidade: Miguel de Unamuno, Rafael Alberti, Alfonso Reyes Ochoa, Manuel de Falla, José Ortega y Gasset, Pedro Salinas, Blas Cabrera, Eugenio d’Ors, Manuel Altolaguirre …

Dali e Buñuel

Durante os años que Dalí, Buñuel e Lorca pasaron na Residencia, ademáis de crear fortes vínculos de amistade e incluso enemistade entre eles, os artistas tivieron ocasión de entrar en contacto coas diversas correntes estéticas e movementos de vanguarda que se estaban dando en Madrid, e Europa, así como de asistir a conferencias de científicos e artistas da talla de Einstein, Marie Curie o Le Cobusier entre moitos outros. Este ambiente intelectual como ningún otro, favoreció un intercambio cultural enorme que los tres genios supieron aprovechar para crear toda su obra posterior.

Xeración do 27

O término parte da data de decembro de 1927, cando se reúnen varios poetas en Sevilla, nun acto organizado pola ” Sociedad Económica de Amigos del País” para conmemorar os trescentos anos da morte de Luis de Góngora. Esta reunión e a orixe do que pasou a chamarse “Generación del 27” da que forman parte escritores como Jorge Guillén, Pedro Salinas, Rafael Alberti, Dámaso Alonso, Gerardo Diego, Luis Cernuda, Vicente Aleixandre, Manuel Altolaguirre e Emilio Prados.

Nova Iork

No 1929, Fernando de los Ríos propuso a Lorca que o acompañase na súa viaxe a Nova Iork. Éste aceptó vendo a oportunidade de aprender inglés, renovar a súa obra e de vivir no extranjero por primera vez. Nesa época iniciou Poeta en Nueva York, publicada catro anos despois da súa morte. Nesta viaxe tamén coñece a moitos intelectuais, entre eles a Castelao quen facia unha viaxe xunto a súa dona. Este foi o primeiro contacto de Lorca con Galicia, logo realizará varias viaxes a nosa terra o que dará orixe os seu seis poemas en galego.

Luar na Lubre: Chove en Santiago

Cuba

No1930 deixa Nova Iork para mudarse a La Habana, onde explorou a cultura e a música cubana e traballou en novos proxectos como El público e Así que pasen cinco años.
A Barraca
De volta en España e coa instauración de la Segunda República en 1931, comenzou unha nova etapa para Lorca. O escritor codirixiú con Eduardo Ugarte La Barraca, un grupo de teatro universitario que representou obras teatrais do “Siglo de Oro” (Calderón de la Barca, Lope de Vega, Miguel de Cervantes) por cidades e vilas de España. O proxecto troncouse co estalido da guerra civil.

A súa morte

Se le vio, caminando entre fusiles,
por una calle larga,
salir al campo frío,
aún con estrellas de la madrugada.
Mataron a Federico
cuando la luz asomaba.
El pelotón de verdugos
no osó mirarle la cara.
Todos cerraron los ojos;
rezaron: ¡ni Dios te salva!
Muerto cayó Federico
—sangre en la frente y plomo en las entrañas—
… Que fue en Granada el crimen
sabed —¡pobre Granada!—, en su Granada.
Antonio Machado, “El crimen fue en Granda”

Lola Flores. Requiem por Federico García Lorca

Accións 2014

Coñecemos a Chaplin

27 e 28 de xaneiro e 19 de novembro Descubrimos a vida de Charles Chaplin, non só ao seu alter ego máis coñecido Charlot, se non tamén a súa historia, e como esta e a realidade que o rodeaba daban sentido ás súas obras. Vimos fragmentos dos seus grandes traballos como “Charlot no circo”, “El Chico”, “El gran dictador”, La quimera del oro” e “El rey de Nueva York”.
Descubrimos algunhas anécdotas de Chaplin e coñecemos o seu legado. Lemos un relato do propio Chaplin que contaba un episodio da Guerra Civil Española.

Coñecemos a Lorca

10 e 17 de novembro Descubrimos a vida e a obra de Federico García Lorca a través da música. Lemos o famoso discurso de Lorca para a inauguración dunha biblioteca “Medio pan y un libro”. A medida que coñecíamos a vida e a obra deste xenial autor acompañámolo con pezas musicais de adaptacións da súa obra. Así puidemos escoitar a Lola Flores recitando unha “Elegía a la Muerte de Federico García Lorca”, a versión de “Chove en Santiago” de Luar na Lubre, e a versión de “Pequeno Vals Vienés ” de Leonard Cohen e logo a de Silvia Pérez Cruz.

Accións 2013

Achegate á pintura

21 e 22 xaneiro a través dunha adaptación realizada pola biblioteca do conto de Xosé A. Neira Cruz incluído no libro Cinco contos sobre Velázquez, fixemos unha introdución ao seu cadro Las Hilanderas. Tomando como punto de partida o gato que aparece no lenzo, e que serve como fío condutor do relato, buscamos outros gatos que aparecen en cadros famosos para facer xogos de creación, achegando deste xeito a arte pictórica ao grupo.

Achégate ao cine

18 e 19 de marzo Partindo dunha adaptación do relato do libro/cd de Fina Casalderrey Dúas verbas vimos o xogo da transposición fílmica. Empezamos vendo distintos exemplos, dendo os máis puros, como en El Padrino (vimos a primeira escena da película e lemos o fragmento do libro a que corresponde) ata transposicións libres como a versión de Blancanieves de Pablo Berger onde puidemos ver unha Brancaneves toureira. Finalmente lemos o texto de Fina Casalderrey e visionamos a súa curtametraxe.

Ciencia na Biblioteca

8 de abril a través desta visita á biblioteca, os mozos familiarizáronse
co uso das instalacións, coñeceron o seu funcionamento, como localizar un
documento… Tras a visita realizamos un xogo de “Pasapalabra” onde todas ás palabras estaban relacionadas coa ciencia. Algunhas destas palabras tiñan aparecido anteriormente cando se lles amosou a colocación dos libros.

Achégate á Fotografía

25 de xuño Partindo do relato El fotógrafo de Italo Calvino, expuxemos distintas fotografías moi coñecidas para explicar a historia da fotografía. Os participantes expuxeron as súas opinións sobre as devanditas fotografías e despois explicamos quen era o seu autor ou a realidade desa fotografía. Falamos dende a primeira fotografía ao aire libre que se coñece, e vimos o traballo de grandes autores como Capa, Chema Madoz, Salgado, Bourke-White. Descubrimos os usos da fotografía como documento histórico, publicitario mesmo como formato para gardar os nosos recordos.

Accións 2012

Achégate á Biblioteca

18 e 20 de xaneiro Un primeiro achegamento á biblioteca e aos seus servizos, onde aos visitantes se lles deu o carné de socios que previamente encheran na aula da fundación.

Achégate ao conto

21 e 23 de marzo Explicouse o que é un conto, relato breve, e se deron
algunhas pautas sobre este xénero baseándonos no decálogo de Horacio Quiroga e na cuentística de Julio Cortázar. Lemos conxuntamente o conto de Cortázar La Casa Tomada e visionamos varios vídeos sobre o conto.

Achégate aos descubridores

6 de marzo Unha actividade deseñada para o grupo xuvenil. En forma de yincana e coa viaxe de Marco Polo de tema, os rapaces teñen que buscar unha serie de pistas pola biblioteca. Así coñecen as distintas actividades, servizos e seccións da mesma.

Accións realizadas

Comezamos con este proxecto de “Achegando culturas” no 2012, poucos meses despois de que a biblioteca abrise as portas por primeira vez. Realizáronse diferentes visitas guiadas onde se mostraban as instalacións e os servizos que ofrece a biblioteca aos usuarios e ás súas familias.

Visitas guiadas

Tras estas visitas guiadas viñeron outras nas que se realizan actividades de fomento á lectura, onde tamén mostramos outros materias e outros mundos aparentemente afastados da súa realidade. Durante estas visitas sempre se fai algunha lectura en voz alta que a biblioteca busca e adapta ás necesidades do grupo , e que posteriormente se utilizan na aula como material didáctico.

Estoxo xitano

O pasado día 13, coa colaboración da Fundación do Secretariado Xitano presentamos o último estoxo deste curso, que nesta ocasión non nos achegou a un país concreto, senón á cultura e tradicións do pobo xitano, espallado por todo o mundo e con grande presenza no noso país.

Así comezamos achegándonos a elementos básicos da tradición xitana, como a bandeira, o himno, os traballos tradicionais… A continuación, para os máis pequenos, presentamos o conto de Lucinda y el inspector vinagre, e propuxemos un xogo no que os participantes tiñan que ir recoñecendo sons propios da cultura xitana: uns tacóns, unha guitarra, unhas palmas…

A gastronomía tamén tiña cabida neste estoxo, e tres mulleres da asociación presentáronnos receitas propias dos xitanos españois, portugueses e rumanos. Para rematar a festa, e antes da degustación destas deliciosas receitas, un pouco de música da man dos membros máis novos da Fundación Secretariado Xitano.

Non tedes máis que ver as fotos colgadas no Álbum da biblioteca para facervos unha idea…

O estoxo xa está dispoñible para o préstamo, e animámosvos a que o levedes para casa para gozar de todo o seu contido!