Blog

Accións 2018

Contos de fadas

26 de febreiro Explicamos a estructura do xénero de conto de fadas, utilizando como exemplo carapuchiña vermella, para coñecer e descubrir os distintos elementos e estructura que posee un conto destas características. Despois de asimilar os novos conceptos, os participantes da actividade producen diferentes contos en grupo, utilizando unha caixa de contos en formato puzzle.

Meu conto de fadas

28 de maio cada participante ten que manter unha conversa postal entre obxectos típicos de un conto de fadas e alguna persoaxe. Saen conversas tan divertidas como: unha cenoura a un pai granxeiro, unha coroa de rei e unha meiga… Como actividade final cada rapaz escribe o seu propio conto amosando a súa creatividade e imaxinación.

 

Achegando culturas, III Encuentro Cultura y Ciudadanía

Achegando Culturas proxecto seleccionado no III Encontro Cultura e Cidadanía organizado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

O III Encuentro Cultura y Ciudadanía, abordará as dimensións que, hoxe en día, implica o goce e o exercicio da cultura, nos termos de acceso e produción. Cuestións como autonomía e democracia cultural, o papel da cultura no espazo público, as relacións entre cultura e educación serán algúns dos eixos centrais deste encontro.

Termos nos que encaixa á perfección este proxecto da biblioteca en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano que traballa a integración á cultura, á formación e á información de moitas persoas que están en risco de exclusión social e laboral.

ACHEGANDO CULTURAS

Este proxecto foi posto en marcha pola BPM Xosé Neira Vilas e o dispositivo da FSG para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo dos xitanos da nosa comunidade. Ten como misión a promoción integral da comunidade xitana dende o apoio á súa identidade cultural. Promovendo o acceso das persoas xitanas aos dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

Este proxecto de integración está consolidado e continúan traballando cada ano para cooperar, colaborar e innovar. Forma parte xa da nosa comunidade traballando a multiculturalidade xa que entre o colectivo atópanse persoas de diferentes razas e nacionalidades, como romaneses, portugués, marroquís… incentivando a integración social e a cultural. Potenciando a relación familiar en todos os encontros que realizan, poñendo unha énfase especial no colectivo das mulleres, como elemento de unión entre as distintas xeracións da comunidade xitana, por iso apoian en todo momento a alfabetización adulta como elemento integrador da comunidade. Creando unha biblioteca aberta, onde os muros non sexan un escollo para a integración social, por iso tamén teñen en marcha diferentes proxectos en camiñados a outros colectivos.

Accións 2017

Emocións na Arte

6 marzo As emocións están en todo momento presentes na nosa vida e isto vese reflictido nas distintas disciplinas artísticas. Baseándonos nisto amosamos aos rapaces cales son as emocións básicas e como se amosan no noso corpo e en especial no noso rostro. Así mediante diferentes cadros, fotografías, esculturas e ilustracións vimos como esas emocións foron plasmadas na arte.

Descubrindo a Roald Dahle

10 de maio Unímonos ás homenaxes polo centenario do nacemento do escritor británico e quixemos coñecer máis polo miúdo a súa vida e obra. Partindo da obra “Boy” fixemos un paralelismo entre a súa obra e as súas novelas. Tamén descubrimos a relación entre Roald Dahl e o cine, visionando varios fragmentos das películas baseadas nos seus libros.

Cosendo as lecturas

14 de xuño Realizamos unha actividade conxunta entre os rapaces e as súas familias para que puideran ver todo o traballo realizado durante o curso. Axudados polos seus pais, irmáns maiores, polos colaboradores do Secretariado e o persoal da biblioteca, os rapaces fixeron un pequeño libro onde recollían ilustracións e as lecturas realizadas no curso, logo encadernaron e coseron este pequeno obxecto de recordo.

Accións 2016

Contos clásicos

Explicamos que é un conto clásico, como nacen e como mudan ao longo do tempo. Así partindo da historía de Caperuchiña vermella fixemos este percorrido. Partimos do conto de Perrault, pasamos pola versión dos irmáns Grimm para logo xogar con este personaxe percorrendo como mudou de presencia gracias a diferentes ilustradores ata chegar a unha Caperuchiña moderna perdida na cidade (Roberto Innocenti). Ou como unha vez coñecido o conto podemos xogar e cambiar as cousas (As manoplas de Caperucita, Confundiendo Historias, Cuentos en verso para niños perversos).

Xogando cos sentidos

23 e 24 de marzo Percorremos os cinco sentidos a través dos libros e de diferentes lecturas. Fixemos xogos para amosar como ás veces os nosos sentidos amósannos a realidade que nos rodea e como as veces nos enganan.

Espazos de vida

8 e 9 de novembro Nesta actividade fixemos unha aproximación ao mundo da arquitectura. Repasamos os contos tradicionais onde a casa é un protagonista máis (3 porquiños, Carapuchiña Vermella, A casiña de chocolate). Visitamos varias casas onde agáchanse todo tipo de misterios. Coñecimos como traballa un arquitecto e realizamos un plano adecuando cada espazo a un determinado uso.

Premio Biblioteca Pública y Compromiso Social

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas foi seleccionada como finalista para o I Premio Biblioteca Pública y Compromiso Social convocado pola Fundación Biblioteca Social.

A Fundación Biblioteca Social convocou en outubro 2014 a primeira edición do Premio “Biblioteca Pública y Compromiso Social”, co que se pretende impulsar e dar visibilidade a proxectos que estean a levar a cabo as bibliotecas públicas, dirixidos a persoas e colectivos do seu ámbito que vivan situacións de vulnerabilidade e conflito social, e que contribúan a paliar os desequilibrios sociais.

Das 20 propostas presentadas a nivel estatal, 8 son as seleccionadas como finalistas, entre as que se atopa Achegando Culturas, un proxecto que a Biblioteca Neira Vilas e o dispositivo da Fundación Secretariado Xitano en Vigo levan realizando dende o 2012; un proxecto no que as dúas entidades traballan para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo xitano da nosa comunidade.

Podedes ver todos os traballos seleccionados no seguinte enlace:
Premio Biblioteca Pública y Compromiso Social.

A través do programa Achegando Culturas organízanse diferentes visitas temáticas á biblioteca con lecturas públicas, visionados, audicións, etc. que contribúen a fomentar a lectura, pero tamén a potenciar habilidades sociais en grupos de exclusión. Trabállase tanto con grupos de adultos nos que se integran xitanos españois, portugueses e romaneses como con grupos de nenos a partir de 10 anos dende os ámbitos da educación e a prevención.

Dentro das liñas de actuación do programa elaborouse o Estoxo Xitano, unha maleta viaxeira sobre a cultura xitana dispoñible en préstamo para os usuarios da biblioteca e na que se poden atopar todo tipo de materiais e propostas de actividades.

Ademais, a biblioteca ofrece á Fundación consello e guías de lectura para os seus usuarios, escollendo entre as dúas entidades as lecturas que máis se adecúen ao público xuvenil e adulto das súas aulas; e imos incorporando novas accións para colaborar en conxunto, accións que se adecúan a realidade e as necesidades de ambas as dúas institucións.

Deixámosvos os enlaces á presentación do proxecto e ao vídeo promocional:

Vídeo promocional Achegando Culturas

Presentación Achegando Culturas

Accións 2015

Coñecemos a India

Descubrimos os misterios da cultura e das tradicións da India, facendo un achegamento a ese país de orixe da etnia xitana.

Amor

Hai moitos tipos de amor, pero en ocasións este amor pode ser un amor prohibido. A través das diferentes manifestacións artísticas vimos o tratamento do amor ao longo da historia.

Bibliotecas de Fronteira na Fronteira do Futuro

29 de maio, tivemos o privilexio de participar no I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas “Bibliotecas de Fronteira na Fronteira do Futuro”. Unha maravillosa xornada na que puidemos ver o traballo realizado polas bibliotecas públicas nas dúas beiras do Miño e que xirou en torno a catro eixos: a labor da biblioteca pública, as bibliotecas na era dixital, as bibliotecas en rede e na rede, e o papel social das bibliotecas. Este último apartado, moderado por Luis Alvim, foi no que participou a biblioteca Neira Vilas co programa “Achegando Culturas”, xunto con Gorete Afonso da Biblioteca Municipal de Montalegre que presentou o seu proxecto “As bibliotecas instituições promotoras de empreendedorismo social: itinerâncias sociais e culturais com seniores barrosões”.
Anxo Alberte e Mar García presentaron este proxecto que realizamos en colaboración co Secretariado Xitano e polo que fomos finalistas no I Premio Biblioteca Pública y Compromiso Social convocado pola Fundación Biblioteca Social. Este programa ten como obxectivo a promoción lectora como fonte de información, de aprendizaxe e enriquecemento, e dá a coñecer outras culturas e realidades diferentes entre o colectivo xitano.
Neste enlace podedes botarlle unha ollada a todas as imaxes do Seminario Norte Portugal – Galiza