Blog

Accións 2012

Achégate á Biblioteca

18 e 20 de xaneiro Un primeiro achegamento á biblioteca e aos seus servizos, onde aos visitantes se lles deu o carné de socios que previamente encheran na aula da fundación.

Achégate ao conto

21 e 23 de marzo Explicouse o que é un conto, relato breve, e se deron
algunhas pautas sobre este xénero baseándonos no decálogo de Horacio Quiroga e na cuentística de Julio Cortázar. Lemos conxuntamente o conto de Cortázar La Casa Tomada e visionamos varios vídeos sobre o conto.

Achégate aos descubridores

6 de marzo Unha actividade deseñada para o grupo xuvenil. En forma de yincana e coa viaxe de Marco Polo de tema, os rapaces teñen que buscar unha serie de pistas pola biblioteca. Así coñecen as distintas actividades, servizos e seccións da mesma.

Accións realizadas

Comezamos con este proxecto de “Achegando culturas” no 2012, poucos meses despois de que a biblioteca abrise as portas por primeira vez. Realizáronse diferentes visitas guiadas onde se mostraban as instalacións e os servizos que ofrece a biblioteca aos usuarios e ás súas familias.

Visitas guiadas

Tras estas visitas guiadas viñeron outras nas que se realizan actividades de fomento á lectura, onde tamén mostramos outros materias e outros mundos aparentemente afastados da súa realidade. Durante estas visitas sempre se fai algunha lectura en voz alta que a biblioteca busca e adapta ás necesidades do grupo , e que posteriormente se utilizan na aula como material didáctico.

Estoxo xitano

O pasado día 13, coa colaboración da Fundación do Secretariado Xitano presentamos o último estoxo deste curso, que nesta ocasión non nos achegou a un país concreto, senón á cultura e tradicións do pobo xitano, espallado por todo o mundo e con grande presenza no noso país.

Así comezamos achegándonos a elementos básicos da tradición xitana, como a bandeira, o himno, os traballos tradicionais… A continuación, para os máis pequenos, presentamos o conto de Lucinda y el inspector vinagre, e propuxemos un xogo no que os participantes tiñan que ir recoñecendo sons propios da cultura xitana: uns tacóns, unha guitarra, unhas palmas…

A gastronomía tamén tiña cabida neste estoxo, e tres mulleres da asociación presentáronnos receitas propias dos xitanos españois, portugueses e rumanos. Para rematar a festa, e antes da degustación destas deliciosas receitas, un pouco de música da man dos membros máis novos da Fundación Secretariado Xitano.

Non tedes máis que ver as fotos colgadas no Álbum da biblioteca para facervos unha idea…

O estoxo xa está dispoñible para o préstamo, e animámosvos a que o levedes para casa para gozar de todo o seu contido!