Accións 2022

Poxa de libros

14 de marzo Comezamos a xornada xogando un bingo no que o público xuvenil que nos visitaba ía conseguindo puntos para logo cambialos por “diñeiro”. Despois de rematar o xogo cada un tiña que facer contas dos puntos obtidos e co resultado facíaselles un cheque do mesmo valor. Con ese “diñeiro” podían poxar nunha poxa polos libros que quixesen.

Accións 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

4, 18 de outubro O grupo de mulleres do Programa Calí achegouse por primeira vez á biblioteca para familiarizarse co noso espazo e os nosos servizos. Nesta primeira vista con este grupo festexamos o Día das Escritoras: coñecimos o proxecto da Biblioteca Nacional e limos un texto de Marifé Santiago Bolaños, comisaria da VI Edición do Día das Escritoras. A continuación visionamos un vídeo de Irene Vallejo falando do papel da muller na historia da Literatura e finalizamos lendo e comentando unha breve historia de banda deseñada titulada “24 Horas” escrita por Lola García e debuxada por Agustina Guerrero, recollida no libro Voces que cuentan.

Accións 2020

XAPÓN

17 febreiro Continuando coas actividades relacionadas coas Olimpíadas, realizamos unha parada en Xapón para coñecer a cultura e curiosidades deste país e descubrir os segredos que agocha a cidade de Tokio, futura sede dos Xogos.

Tamén coñecimos as mascotas desta edición e das pasadas, facendo despois as nosas propias mascotas olímpicas.

Accións 2019

VIAXES AO REDOR DO MUNDO

18 e 21 de febreiro Viaxamos por diferentes países grazas aos libros. Coñecemos o fondo mariño, viaxamos á lúa e percorremos o mundo enteiro grazas ás obras de Jules Verne. Para finalizar realizamos varios murais cos escenarios das obras do autor francés.

AS VIAXES IMAXINARIAS

29 de abril Nesta visita viaxamos polos mundos fantásticos que aparecen nos libros. Desde Nunca Xamais a Narnia, pasando polo País das Marabillas ou a Comarca dos Hobbit.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 PROBAS

10 de xuño Como festa fin de curso convidamos ás familias e ao persoal da Fundación Secretariado Xitano para participar nun xogo. Nesta ocasión realizamos unha viaxe ao mundo en 80 días, ao igual que o de Phileas Fogg. Un xogo de preguntas e probas como debuxar, cantar ou de memoria onde repasamos as lecturas e todo o aprendido durante o curso.

MAPA LITERARIO DE VIGO

2 de xullo (Juan Soñador) A Fundación Juan Soñador solicitounos unha actividade para os seus usuarios recentemente chegados á cidade, para que puidesen coñecer algo mellor Vigo. Desde a biblioteca propuxemos un xogo de mesa partindo do noso “Mapa Literario de Vigo” para achegarse á cidade a través dos libros, con preguntas e tamén con probas de mímica, de debuxo…

AS OLIMPÍADAS NA GRECIA CLÁSICA

25 e 26 de novembro Con motivo da celebración das Olimpíadas no 2020, no curso 20/21 tivemos este tema como fío condutor nas visitas. Neste primeiro encontro tratamos a orixe das Olimpíadas e dalgún dos seus símbolos, como a coroa de loureiro ou o lume. Así mesmo, falamos dos deuses e a mitoloxía clásica, a súa relación coas constelacións, e de como os heroes clásicos son reinterpretados nos nosos días dando vida a algúns dos superheroes dos cómics.

Accións 2018

Contos de fadas

26 de febreiro Explicamos a estructura do xénero de conto de fadas, utilizando como exemplo carapuchiña vermella, para coñecer e descubrir os distintos elementos e estructura que posee un conto destas características. Despois de asimilar os novos conceptos, os participantes da actividade producen diferentes contos en grupo, utilizando unha caixa de contos en formato puzzle.

Meu conto de fadas

9 de abril cada participante ten que manter unha conversa postal entre obxectos típicos de un conto de fadas e alguna persoaxe. Saen conversas tan divertidas como: unha cenoura a un pai granxeiro, unha coroa de rei e unha meiga… Como actividade final cada rapaz escribe o seu propio conto amosando a súa creatividade e imaxinación.

XOGANDO COS CLÁSIcos

28 de maio Como actividade de fin de curso convidamos a todas as familias e persoal da fundación para xogar connosco a este “xogo de mesa» xigante no que os contos de fadas eran o leitmotiv.

Tratábase de ir superando diferentes probas de mímica, de debuxo ou preguntas sobre os personaxes dos contos.

AS VIAXES

12 e 22 de novembro e 31 de maio (Juan Soñador) Durante as visitas do curso 2018/2019 tomamos como punto de partida o tema das viaxes. Nesta primeira visita achegámonos libros de viaxes, atlas curiosos…

Accións 2017

Emocións na Arte

6 marzo As emocións están en todo momento presentes na nosa vida e isto vese reflictido nas distintas disciplinas artísticas. Baseándonos nisto amosamos aos rapaces cales son as emocións básicas e como se amosan no noso corpo e en especial no noso rostro. Así mediante diferentes cadros, fotografías, esculturas e ilustracións vimos como esas emocións foron plasmadas na arte.

Descubrindo a Roald Dahle

10 de maio Unímonos ás homenaxes polo centenario do nacemento do escritor británico e quixemos coñecer máis polo miúdo a súa vida e obra. Partindo da obra “Boy” fixemos un paralelismo entre a súa obra e as súas novelas. Tamén descubrimos a relación entre Roald Dahl e o cine, visionando varios fragmentos das películas baseadas nos seus libros.

Cosendo as lecturas

14 de xuño Realizamos unha actividade conxunta entre os rapaces e as súas familias para que puideran ver todo o traballo realizado durante o curso. Axudados polos seus pais, irmáns maiores, polos colaboradores do Secretariado e o persoal da biblioteca, os rapaces fixeron un pequeño libro onde recollían ilustracións e as lecturas realizadas no curso, logo encadernaron e coseron este pequeno obxecto de recordo.

Accións 2016

Contos clásicos

Explicamos que é un conto clásico, como nacen e como mudan ao longo do tempo. Así partindo da historía de Caperuchiña vermella fixemos este percorrido. Partimos do conto de Perrault, pasamos pola versión dos irmáns Grimm para logo xogar con este personaxe percorrendo como mudou de presencia gracias a diferentes ilustradores ata chegar a unha Caperuchiña moderna perdida na cidade (Roberto Innocenti). Ou como unha vez coñecido o conto podemos xogar e cambiar as cousas (As manoplas de Caperucita, Confundiendo Historias, Cuentos en verso para niños perversos).

Xogando cos sentidos

23 e 24 de marzo Percorremos os cinco sentidos a través dos libros e de diferentes lecturas. Fixemos xogos para amosar como ás veces os nosos sentidos amósannos a realidade que nos rodea e como as veces nos enganan.

Espazos de vida

8 e 9 de novembro Nesta actividade fixemos unha aproximación ao mundo da arquitectura. Repasamos os contos tradicionais onde a casa é un protagonista máis (3 porquiños, Carapuchiña Vermella, A casiña de chocolate). Visitamos varias casas onde agáchanse todo tipo de misterios. Coñecimos como traballa un arquitecto e realizamos un plano adecuando cada espazo a un determinado uso.

Accións 2015

Coñecemos a India

Descubrimos os misterios da cultura e das tradicións da India, facendo un achegamento a ese país de orixe da etnia xitana.

Amor

Hai moitos tipos de amor, pero en ocasións este amor pode ser un amor prohibido. A través das diferentes manifestacións artísticas vimos o tratamento do amor ao longo da historia.

Coñecendo a Lorca

Quen era Lorca?

Federico García Lorca foi un poeta, dramaturgo e prosista. Pertenceu a chamada Xeración do 27

» ¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir: ‘amor, amor’, y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia, alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: ‘¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!’. Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida. »
Fragmento do seu discurso «Medio pan e un libro»

A súa infancia

Nado no seno dunha familia acomodada da vega granadina. O seu pai Federico García Rodríguez (1859-1945), un hacendado e a súa nai Vicenta Lorca Romero (1870-1959), foi mestra e a causante de espertar no pequeno Federico o seu amor aos libros.
Con 11 anos muda da pequena vila onde naceu Fuente Vaqueros a cidade de Granada, cidade onde vivirá a súa xuventude ata os anos da Universidade.

Silvia Pérez Cruz. Pequeño Vals Vienes

Leonad Cohen. Take this Waltz

Anos na Universidade

No ano 1914 matriculouse na Universidade de Grananda para estudar as carreiras de Filosofñia e Letras e de Dereito. Durante esta época, Lorca reuníase con outros intelectuales na tertulia «El Riconcillo» do café Alameda.

A Residencia de Estudiantes

No 1919 Federico García Lorca trasladase á Residencia de Estudiantes, en Madrid. Durante os anos seguintes será o seu lugar habitual. Neste centro, que nace da base de Giner de los Riosue foi un dos principais núcleos da modernización científica e educativa do país.
Nesta primeira época coincidiron con Lorca na Residencia fixéronse amigoa tres importantes figuras da cultura do século XX: o cineasta Luis Buñuel e o pintor Salvador Dalí. A este grupo de amigos hai que añadir os nomes do inxeniero José Bello, do compositor Salvador Bacarisse, os escritores Rafael Alberti, Jorge Guillén, Juan Ramón Jiménez. Tamén o científico Severo Ochoa foi residente e outros moitos membros da intelectualidade: Miguel de Unamuno, Rafael Alberti, Alfonso Reyes Ochoa, Manuel de Falla, José Ortega y Gasset, Pedro Salinas, Blas Cabrera, Eugenio d’Ors, Manuel Altolaguirre …

Dali e Buñuel

Durante os años que Dalí, Buñuel e Lorca pasaron na Residencia, ademáis de crear fortes vínculos de amistade e incluso enemistade entre eles, os artistas tivieron ocasión de entrar en contacto coas diversas correntes estéticas e movementos de vanguarda que se estaban dando en Madrid, e Europa, así como de asistir a conferencias de científicos e artistas da talla de Einstein, Marie Curie o Le Cobusier entre moitos outros. Este ambiente intelectual como ningún otro, favoreció un intercambio cultural enorme que los tres genios supieron aprovechar para crear toda su obra posterior.

Xeración do 27

O término parte da data de decembro de 1927, cando se reúnen varios poetas en Sevilla, nun acto organizado pola » Sociedad Económica de Amigos del País» para conmemorar os trescentos anos da morte de Luis de Góngora. Esta reunión e a orixe do que pasou a chamarse «Generación del 27» da que forman parte escritores como Jorge Guillén, Pedro Salinas, Rafael Alberti, Dámaso Alonso, Gerardo Diego, Luis Cernuda, Vicente Aleixandre, Manuel Altolaguirre e Emilio Prados.

Nova Iork

No 1929, Fernando de los Ríos propuso a Lorca que o acompañase na súa viaxe a Nova Iork. Éste aceptó vendo a oportunidade de aprender inglés, renovar a súa obra e de vivir no extranjero por primera vez. Nesa época iniciou Poeta en Nueva York, publicada catro anos despois da súa morte. Nesta viaxe tamén coñece a moitos intelectuais, entre eles a Castelao quen facia unha viaxe xunto a súa dona. Este foi o primeiro contacto de Lorca con Galicia, logo realizará varias viaxes a nosa terra o que dará orixe os seu seis poemas en galego.

Luar na Lubre: Chove en Santiago

Cuba

No1930 deixa Nova Iork para mudarse a La Habana, onde explorou a cultura e a música cubana e traballou en novos proxectos como El público e Así que pasen cinco años.
A Barraca
De volta en España e coa instauración de la Segunda República en 1931, comenzou unha nova etapa para Lorca. O escritor codirixiú con Eduardo Ugarte La Barraca, un grupo de teatro universitario que representou obras teatrais do «Siglo de Oro» (Calderón de la Barca, Lope de Vega, Miguel de Cervantes) por cidades e vilas de España. O proxecto troncouse co estalido da guerra civil.

A súa morte

Se le vio, caminando entre fusiles,
por una calle larga,
salir al campo frío,
aún con estrellas de la madrugada.
Mataron a Federico
cuando la luz asomaba.
El pelotón de verdugos
no osó mirarle la cara.
Todos cerraron los ojos;
rezaron: ¡ni Dios te salva!
Muerto cayó Federico
—sangre en la frente y plomo en las entrañas—
… Que fue en Granada el crimen
sabed —¡pobre Granada!—, en su Granada.
Antonio Machado, «El crimen fue en Granda»

Lola Flores. Requiem por Federico García Lorca

Accións 2014

Coñecemos a Chaplin

27 e 28 de xaneiro e 19 de novembro Descubrimos a vida de Charles Chaplin, non só ao seu alter ego máis coñecido Charlot, se non tamén a súa historia, e como esta e a realidade que o rodeaba daban sentido ás súas obras. Vimos fragmentos dos seus grandes traballos como «Charlot no circo», «El Chico», «El gran dictador», La quimera del oro» e «El rey de Nueva York».
Descubrimos algunhas anécdotas de Chaplin e coñecemos o seu legado. Lemos un relato do propio Chaplin que contaba un episodio da Guerra Civil Española.

Coñecemos a Lorca

10 e 17 de novembro Descubrimos a vida e a obra de Federico García Lorca a través da música. Lemos o famoso discurso de Lorca para a inauguración dunha biblioteca «Medio pan y un libro». A medida que coñecíamos a vida e a obra deste xenial autor acompañámolo con pezas musicais de adaptacións da súa obra. Así puidemos escoitar a Lola Flores recitando unha «Elegía a la Muerte de Federico García Lorca», a versión de «Chove en Santiago» de Luar na Lubre, e a versión de «Pequeno Vals Vienés » de Leonard Cohen e logo a de Silvia Pérez Cruz.