Dispoñer do espazo bibliotecario como lugar de integración social onde se crea un vínculo coa sociedade.
Desenvolver accións de formación de todos e todas as persoas usuarias para que coñezan os servizos da biblioteca.
Ofrecer a biblioteca como un camiño de formación continua.
Desenvolver a función multicultural como elemento de integración das diferentes comunidades.
Potenciar unha convivencia sen discriminacións.
Potenciar unha igualdade social e de oportunidades.
Converterse nun espazo democratizador da cultura.