
Dar a coñecer a biblioteca e os seus recursos.
Implementar a Axenda 2030 nas bibliotecas públicas adquirindo un compromiso social e universal asustándose aos obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), sobre todo co obxectivo 4 e 10.
Fomentar hábitos lectores.
Conseguir que se indentifique a biblioteca como un lugar de encontro, de diversión e de aprendizaxe.
Fomentar a integración social, a participación e a cooperación. Ofrecer unha alternativa diferente de ocio.
Fomentar a creatividade dos destinatarios e o desenvolvemento das súas capacidades persoais.
Presentar os servizos axeitados de información ás asociacións de ámbito local.
Prestar apoio e participar en programas e actividades de alfabetización para todos os grupos de idade.
Utilizar a lectura como fonte de información, de aprendizaxe, e enriquecemento das súas linguas.
Dar a coñecer outras culturas e realidades diferentes.