Accións 2017

Emocións na Arte

6 marzo As emocións están en todo momento presentes na nosa vida e isto vese reflictido nas distintas disciplinas artísticas. Baseándonos nisto amosamos aos rapaces cales son as emocións básicas e como se amosan no noso corpo e en especial no noso rostro. Así mediante diferentes cadros, fotografías, esculturas e ilustracións vimos como esas emocións foron plasmadas na arte.

Descubrindo a Roald Dahle

10 de maio Unímonos ás homenaxes polo centenario do nacemento do escritor británico e quixemos coñecer máis polo miúdo a súa vida e obra. Partindo da obra “Boy” fixemos un paralelismo entre a súa obra e as súas novelas. Tamén descubrimos a relación entre Roald Dahl e o cine, visionando varios fragmentos das películas baseadas nos seus libros.

Cosendo as lecturas

14 de xuño Realizamos unha actividade conxunta entre os rapaces e as súas familias para que puideran ver todo o traballo realizado durante o curso. Axudados polos seus pais, irmáns maiores, polos colaboradores do Secretariado e o persoal da biblioteca, os rapaces fixeron un pequeño libro onde recollían ilustracións e as lecturas realizadas no curso, logo encadernaron e coseron este pequeno obxecto de recordo.

Accións 2013

Achegate á pintura

21 e 22 xaneiro a través dunha adaptación realizada pola biblioteca do conto de Xosé A. Neira Cruz incluído no libro Cinco contos sobre Velázquez, fixemos unha introdución ao seu cadro Las Hilanderas. Tomando como punto de partida o gato que aparece no lenzo, e que serve como fío condutor do relato, buscamos outros gatos que aparecen en cadros famosos para facer xogos de creación, achegando deste xeito a arte pictórica ao grupo.

Achégate ao cine

18 e 19 de marzo Partindo dunha adaptación do relato do libro/cd de Fina Casalderrey Dúas verbas vimos o xogo da transposición fílmica. Empezamos vendo distintos exemplos, dendo os máis puros, como en El Padrino (vimos a primeira escena da película e lemos o fragmento do libro a que corresponde) ata transposicións libres como a versión de Blancanieves de Pablo Berger onde puidemos ver unha Brancaneves toureira. Finalmente lemos o texto de Fina Casalderrey e visionamos a súa curtametraxe.

Ciencia na Biblioteca

8 de abril a través desta visita á biblioteca, os mozos familiarizáronse
co uso das instalacións, coñeceron o seu funcionamento, como localizar un
documento… Tras a visita realizamos un xogo de “Pasapalabra” onde todas ás palabras estaban relacionadas coa ciencia. Algunhas destas palabras tiñan aparecido anteriormente cando se lles amosou a colocación dos libros.

Achégate á Fotografía

25 de xuño Partindo do relato El fotógrafo de Italo Calvino, expuxemos distintas fotografías moi coñecidas para explicar a historia da fotografía. Os participantes expuxeron as súas opinións sobre as devanditas fotografías e despois explicamos quen era o seu autor ou a realidade desa fotografía. Falamos dende a primeira fotografía ao aire libre que se coñece, e vimos o traballo de grandes autores como Capa, Chema Madoz, Salgado, Bourke-White. Descubrimos os usos da fotografía como documento histórico, publicitario mesmo como formato para gardar os nosos recordos.