Coñecemos a Chaplin
27 e 28 de xaneiro e 19 de novembro Descubrimos a vida de Charles Chaplin, non só ao seu alter ego máis coñecido Charlot, se non tamén a súa historia, e como esta e a realidade que o rodeaba daban sentido ás súas obras. Vimos fragmentos dos seus grandes traballos como «Charlot no circo», «El Chico», «El gran dictador», La quimera del oro» e «El rey de Nueva York».
Descubrimos algunhas anécdotas de Chaplin e coñecemos o seu legado. Lemos un relato do propio Chaplin que contaba un episodio da Guerra Civil Española.
Coñecemos a Lorca
10 e 17 de novembro Descubrimos a vida e a obra de Federico García Lorca a través da música. Lemos o famoso discurso de Lorca para a inauguración dunha biblioteca «Medio pan y un libro». A medida que coñecíamos a vida e a obra deste xenial autor acompañámolo con pezas musicais de adaptacións da súa obra. Así puidemos escoitar a Lola Flores recitando unha «Elegía a la Muerte de Federico García Lorca», a versión de «Chove en Santiago» de Luar na Lubre, e a versión de «Pequeno Vals Vienés » de Leonard Cohen e logo a de Silvia Pérez Cruz.